Descripción
Un percorrido pola mitoloxía e as crenzas populares en compañía dalgúnsádos seus personaxes máis coñecidos. Dende o Centauro ao Lobishome,ádo Unicornio á Esfinxe, protagonistas dos nosos soños e dos nosos medosáque nos acompañan dende o principio dos tempos.
Hai animais verdadeiros, reais, eoutros fantásticos, marabillosos, nadosáda imaxinación, que pasaron aocupar un espazo no imaxinario poético
das civilizacións, nas mitoloxías, nos libros de contos e lendas tradicionais,áe que sentaronas bases da literatura fantástica tal e como a coñecemos hoxe.
Nesta galería literaria e visual, José Jorge Letria e André Letria, pai e fillo,ápresentan unha selección de 19 destes animais máxicos, rescatándoos do
esquecemento. Unha viaxe a través da memoria e da imaxinación creadoraádos pobos, que lograron concentrar as súas esperanzas, os seus soños
e os seus medos en seres fantásticos creados precisamente por eseáimaxinario colectivo.






Valoraciones
No hay valoraciones aún.